COMUNICADO OFICIAL COVID-19
COMUNICADO OFICIAL – FEDERACIÓN GALEGA DE SURF
Ante a alerta sanitaria do coronavirus a Federación Galega de Surf e a SXPD piden serenidade, tranquilidade, prudencia e responsabilidade ante as medidas de precaución adoptadas para os vindeiros 15 días.
Vigo, 12 de marzo de 2020 – Despois da reunión mantida onte coa Secretaría Xeral para o Deporte, a Xunta Directiva da Federación Galega de Surf, reunida esta mañá de manera urxente, desexa trasladar o seguinte:
Dende a Secretaría Xeral para o Deporte adóptanse as seguintes medidas:
- Suspensión do Deporte Escolar – Xogade (non así a Póliza do Seguro, que seguirá vixente).
- As competicións se deberán realizar a porta pechada (sen público). As federacións que non poidan asegurar esta medida – como é a nosa – deberán aprazalas ou suspendelas.
- O resto de actividades deportivas que teñan asistencia de público tamén deberán realizarse a porta pechada, ou ser aprazadas ou suspendidas.
Por recomendación da Secretaría Xeral para o Deporte a FGS adopta as seguintes medidas:
- As competicións galegas e as concentracións de tecnificación quedan apradazas (non canceladas) ata dentro de 15 días, puidendo ampliarse esta vixencia en función das indicacións sanitarias que nos transmita a Xunta de Galicia.
- A actividade ordinaria da FGS se manterá pero será levada a cabo de manera telemática – non asistencial – á oficina.
Sabemos que estas medidas afectarán aos deportistas, técnicos, xuices e clubes, polo que nos comprometemos a tratar de desenvolver as actividades que se vexan afectadas cando a situación cambie (e sempre tendo en conta o parte meteorolóxico). Se non é posible, se levará ante a Comisión Delegada a posibilidade de reestructurar o Calendario Deportivo 2020. Pedimos tamén que as escolas e clubes actúen con responsabilidade nas súas actividades. Pasados estes días seguiremos informando na web e redes sociais.