Добавить новость
123ru.net
World News
Май
2023

Raúl Casalderrey e María Filgueiras encabezan a nómina de dezaseis campións de Galicia CRI en Cerceda

0
Raúl Casalderrey e María Filgueiras encabezan a nómina de dezaseis campións de Galicia CRI en Cerceda.

O Sub23 do Supermercados Froiz marcou o mellor tempo nos homes e a júnior do XSM, na mulleres. Xavier Meizoso e María Jesús Barros fixéronse cos títulos elite.

Cinco anos despois o Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual (CRI) volveu ter como escenario Cerceda. A cita que tradicionalmente se celebra o 17 de maio, o Día das Letras Galegas, coroou este mércores a dezaseis ciclistas, sendo o sub23 Raúl Casalderrey (Supermercados Froiz) o corredor que asinou o mellor rexistro masculino e a júnior María Filgueiras (XSM) a muller máis rápida da xornada.

Con 204 inscritos, a proba organizada pola Federación Ciclismo Galego ofreceu un esixente percorrido con inicio e final na Praza do Campo da Feira. Ás subidas que presentaba o circuíto houbo que engadir o vento de cara que acompañou aos ciclistas no treito final. Rodando a unha velocidade media de 42,7 km/h, Raúl Casalderrey completou os 18,7 quilómetros en 26 minutos e 13 segundos, un tempo que non puido igualar ningún outro participante e que lle permitiu revalidar o título Sub23.

A catro segundos do representante do Supermercados Froiz quedou Álex Paz (Padronés - Cortizo) e a 16" Miguel Rodríguez (Supermercados Froiz), os dous corredores que o escoltaron no podio sub23. O primeiro elite foi o guatemalteco Sergio Chumil (Padronés), sétimo clasificado na táboa absoluta e que non contaba para o Campionato de Galicia. A clasificación da categoría raíña masculina encabezárona dous ciclistas estranxeiros, ao ser segundo o británico Tobias Tanfield (Padronés - Cortizo), polo que o título autonómico correspondeu a Xavier Meizoso (Narón), terceiro elite e undécimo na xeral. O sorprendente campión, ao tratarse dun especialista na bicicleta de montaña, bateu na pugna entre galegos por 2" a Juan Vidal (Lasal Cocinas - Louriña Team XE) e por 4", a Aitor Bugarín (Vigo - Rías Baixas).

Tanto nos juniors como nos cadetes masculinos triunfou o mesmo equipo. O Padronés - Cortizo impúxose nos xuvenís por medio de Tomás Pombo, duodécimo na clasificación absoluta, e neste grupo de idade tamén se anotou a terceira praza con Lucas Piñeiro. Entre os dous compañeiros de equipo clasificouse Sergio Calvo (Eolo Kometa). Pola súa banda na categoría cadete, que se disputou sobre 11,9 km, Lucas García deulle o título á estrutura de Padrón, con Mario Bouza (Esmelle) colgándose a medalla de prata e Diego López (Cambre - Caeiro), a de bronce.

Títulos femininos
No apartado feminino competiron sete categorías e unha júnior marcou o tempo de referencia. María Filgueiras, gañadora cadete no 2022, cruzou a liña de meta cando o cronómetro marcaba 32:27. A miñesa do XSM empregou 16" menos que María Jesús Barros (Team Oiense), quen revalidou a condición de campioa elite, e a terceira praza absoluta obtívoa a júnior Lucía Piñón (Narón), a 25" da gañadora.

Cuarta entre as mulleres finalizou Laura Mira (Team - Farto), resultado que lle serviu para conquistar a coroa sub23 no ano da súa estrea na categoría, a quinta praza ocupouna a elite británica Bryoni Izzard (Team Oiense) e a sexta foi para Aroa Otero (Supermercados Froiz), terceira nas juniors. Acompañando a María Jesús Barros no podio autonómico elite estiveron Marta Barbeito (Kiwi Atlántico - Louriña) e María José Vázquez (Team Oiense), segunda e terceira respectivamente, mentres que a prata sub23 acadouna Sabela Rey e o bronce, Carmen Mallo, ambas do Team Farto, ao igual que a vencedora do seu grupo de idade.

A proba cadete tivo como dominadora a Alejandra Neira (Cambre - Renault Caeiro), Lorena Patiño (XSM) fixo segunda e Irene Signo (Lynalfa - Ponteareas), terceira. A nómina de campioas completárona a máster-30 Iria Nieto (Compostelano), a máster-40 Montse Constenla e a máster-50 María Elena Miguens (Padronés - Cortizo). Os masters masculinos non participaron este ano nesta cita ao terse celebrado o seu campionato o pasado mes de abril no concello do Saviñao.

Categorías paralímpicas
Si estiveron en Cerceda os corredores paralímpicos e nas categorías de ciclismo adaptado puxéronse en xogo cinco camisolas de campións de Galicia. Javier Abalde (Neuroimpulse - Galicia) logrou o título en MC5, Iván Ferreiro (Neuroimpulse - Galicia) en MH5, Alberto Abalde (Neuroimpulse - Galicia) en MC2, Daniel Prada (Inclusivo Enki) en MH3 e Álvaro Illobre (Pulpeiros Mugardos) en MH4. Para os paraciclistas esta cita serviu como test previo ao Campionato de España Paralímpico que arranca este venres en Viveiro.

O autonómico de contra o reloxo baixou o pano no Campo da Feira coa cerimonia de podio, unha entrega de premios á que asistiron Juan Manuel Rodríguez, alcalde de Cerceda; Jesús Rama Bello, concelleiro de Deportes; Cristina Capelán, deputada de Deportes da Deputación da Coruña; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.

Foto: Luz Iglesias





Загрузка...


Губернаторы России

Спорт в России и мире

Загрузка...

Все новости спорта сегодня


Новости тенниса

Загрузка...


123ru.net – это самые свежие новости из регионов и со всего мира в прямом эфире 24 часа в сутки 7 дней в неделю на всех языках мира без цензуры и предвзятости редактора. Не новости делают нас, а мы – делаем новости. Наши новости опубликованы живыми людьми в формате онлайн. Вы всегда можете добавить свои новости сиюминутно – здесь и прочитать их тут же и – сейчас в России, в Украине и в мире по темам в режиме 24/7 ежесекундно. А теперь ещё - регионы, Крым, Москва и Россия.


Загрузка...

Загрузка...

Экология в России и мире




Путин в России и мире

Лукашенко в Беларуси и мире



123ru.netмеждународная интерактивная информационная сеть (ежеминутные новости с ежедневным интелектуальным архивом). Только у нас — все главные новости дня без политической цензуры. "123 Новости" — абсолютно все точки зрения, трезвая аналитика, цивилизованные споры и обсуждения без взаимных обвинений и оскорблений. Помните, что не у всех точка зрения совпадает с Вашей. Уважайте мнение других, даже если Вы отстаиваете свой взгляд и свою позицию. Smi24.net — облегчённая версия старейшего обозревателя новостей 123ru.net.

Мы не навязываем Вам своё видение, мы даём Вам объективный срез событий дня без цензуры и без купюр. Новости, какие они есть — онлайн (с поминутным архивом по всем городам и регионам России, Украины, Белоруссии и Абхазии).

123ru.net — живые новости в прямом эфире!

В любую минуту Вы можете добавить свою новость мгновенно — здесь.






Здоровье в России и мире


Частные объявления в Вашем городе, в Вашем регионе и в России






Загрузка...

Загрузка...





Друзья 123ru.net


Информационные партнёры 123ru.net



Спонсоры 123ru.net